21 de xuño de 2018

Escola de Verán EMAO. 9 ao 20 de xullo

Dentro da programación prevista no Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios (PEMAO 15), faise a seguinte convocatoria de cursos de verán a desenvolver entre os días 9 e 20 de xullo de 2018, dirixidos ás persoas interesadas que cumpran os requisitos fixados e que non estean matriculadas no presente curso 2017-2018 na EMAO. Prazo de inscrición ata o 3 de xullo. 
 
* Aulas de Debuxo e Moda e Confección: “O DEBUXO COMO LINGUAXE NA MODA: O FIGURIN I”
Impartido por Federico Fernández e Emma Pintos, mestres das especialidades na EMAO
Destinatarios: Persoas interesadas na práctica do debuxo na moda.
Datas: do 9 ao 20 de xullo de 10:00 a 13:00 horas
Duración: 30 horas

* Aula de Cerámica Artística : “PASTA EXIPCIA”
Impartido por Miguel Vázquez, mestre da EMAO das especialidades de Cerámica Artística
Destinatarios: Persoas con coñecementos na cerámica, ben adquiridos na EMAO, ou acreditados presentando un curriculum formativo e que non estean matriculadas na EMAO no curso 2017-18
Datas: do 9 ao 20 de xullo, de 10 a 13 horas
Duración: 30 horas
 
* Aulas de DESEÑO E ENCAIXE DE PALILLOS E OURIVARÍA: “MAR DE LATÓN E FÍO”
Impartido por Mª Angeles Nuñez e Sandra de Jesús, mestres de Deseño e Encaixe de Palillos e Ourivaría respectivamente
Destinatarios: Aberto a persoas sen ningún tipo de coñecemento sobre ás técnicas destas especialidades e que non estean matriculadas na EMAO no curso 2017-18. 10 prazas.
Datas: do 9 ao 20 de xullo, de 10:00 a 13:00 horas
Duración: 30 horas

* Aula de CAIM-ZANFONA : “BANCO DE CARPINTEIRO”
Impartido por Xaime Rivas, mestre da EMAO da especialidade de Construcción Artesanal de Instrumentos Musicais-CAIM-Zanfona
Destinatarios: Persoas interesadas,sen requisitos especiais e que non estean matriculadas na EMAO no curso 2017-18. O curso está destinado a ofrecer un punto de arrinque a todas aquelas persoas que queren iniciarse na luthería, non atopan onde dar os seus primeiros pasos.
Datas: do 9 ao 20 de xullo, de 10 a 13 horas
Duración: 30 horas

* Aulas de Artesanía en coiro e CAIM Gaita : “Ferramentas para traballar o coiro de madeira”
Impartido por Pepe Pereira e Carlos Corral, mestres respectivamente na EMAO das especialidades de Artesanía en Coiro e Construción Artesanal de Instrumentos Musicais (CAIM)-Gaita
Destinatarios: Persoas interesadas no traballo no coiro, que non estean matriculadas na EMAO no curso 2017-18. 10 prazas.
Datas: do 9 ao 20 de xullo, de 10 a 13 horas
Duración: 30 horas

* Aula de Serigrafía artística : “INSOLADO E ESTAMPACIÓN CON LUZ E TINTES NATURAIS”
Impartido por Alba Pardo, mestra da EMAO da especialidade de Serigrafía artística
Destinatarios: Alumnado que cursara na EMAO a especialidade de Serigrafía artística e que non estean matriculadas na EMAO no curso 2017-18
Datas: do 9 ao 20 de xullo, de 10 a 13 horas
Duración: 30 horas

* Aulas de Talla e escultura en madeira e de Encadernación artística: “ESTAMPACIÓN E EDICIÓN DUNHA CARPETA DE GRAVADOS”
Impartido por Rosa García e Pablo Otero, mestra da EMAO, respectivamente das especialidades de Talla e escultura en madeira e de Encadernación artística
Destinatarios: Persoas cun interese artístico no campo da arte gráfica e a edición e que non estean matriculadas na EMAO no curso 2017-18
Datas: do 9 ao 20 de xullo, de 10 a 13 horas
Duración: 30 horas

CONDICIÓNS COMÚNS A TODOS OS CURSOS:

Duración: curso: 30 horas
Datas: do 9 ao 20 de xullo de 2018. Das 10 ás 13 horas
Lugar: Aulas e talleres da Escola Muncipal de Artes e Oficios de Vigo
Prazas limitadas: 15 por curso (agás indicación distinta na ficha do curso)
Inscripción: ata o 3 de xullo. Gratuíta. Mediante envío de correo electrónico ao enderezo emao@vigo.org, cos seguintes datos (imprescindibles):
  • Asunto: [nome do curso]
  • Nome e apelidos do/a solicitante:
  • DNI:
  • Enderezo de correo electrónico no que desexan recibir a confirmación de admisión, se é o caso.
  • Anos nos que cursou estudos da especialidade na EMAO: [se é condición telos cursado para acceder ao curso solicitado]
  • Acreditación de coñecementos previos mediante currículum no caso do curso “Pasta Exipcia” (achegar arquivo en pdf co correo electrónico de solicitude)
Admisión de solicitudes:
  • Non poderán inscribirse as persoas que estean matriculadas na EMAO no curso 2017-2018
  • Só se admiten persoas maiores de 16 anos.
  • Só serán válidas as solicitudes que cumpran estrictamente as condicións indicadas nesta convocatoria para cada curso en concreto.
  • A inscrición farase por estricta orde de recepción do correo electrónico de solicitude ata cubrir o máximo de prazas ofertadas.
  • A confirmación da matrícula realizaráa a EMAO exclusivamente por correo electrónico. No caso de producírense vacantes no primeiro día do curso, convocarase aos reservas.
Convocatoria completa e programas

Ningún comentario:

Publicar un comentario