02/09/2011

LOIS PEREIRO NO PAZO DE TOR


O pintor aragonés Alberto Granada, alumno da nosa escola, inauguro onte unha exposición no Museo Pazo de Tor (Monforte de Lemos), adicada ao poeta monfortino Lois Pereiro, Premio das Letras Galegas, 2011. A mostra está encadrada dentro do proxecto Espazos públicos de visibilidade, organizado pola Rede de Museos da Deputación, cuxo obxectivo é dar a aquelas persoas que teñen algunha idea artística un espazo onde plasmala. A exposición estará ata o 31 de decembro e consiste, entre outras cousas, nunha proxección de imaxes da serie Pinturas de Amor e Enfermidade, feitas polo artista, acompañadas da lectura dos poemas de Lois Pereiro que inspiraron ditas obras.
Na lectura dos poemas participaron destacadas persoas da vida cultural galega, como a cantante Uxía, as actrices Iria Pinheiro y Uxía Blanco, o escritor Francisco Castro, a gaiteira Cristina Pato, a locutora de Onda Cero Raquel Sánchez e Josete Díaz, cantante do grupo vigués Martynez.

http://vimeo.com/28064914

Ningún comentario:

Publicar un comentario