A mostra que presentamos enmárcase na programación anual de exposicións da Escola, como proxecto expositivo colectivo do curso 2017-18. O noso menú cociñouse en común nos talleres da Escola a partir dunha proposta realizada dende o claustro para traballaren alumnado e profesorado tomando como referencia e excusa creativa a comida e a lareca.
¡Bon apetite!
Exposición: Que ninguén marche con Lareca
Datas: 29 de xuño a 21 de setembro de 2018 (agosto pechada)
Horario: laborables de 19:00 a 21:00
Lugar: Espazo EMAO (Sala de Exposicións da EMAO). Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro.
Producción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO). Profesorado e alumnado da Escola.
Comisariada por: Alba Pardo e Pepe Pereira (mestres de Serigrafía artística e Coiro da EMAO)
Cartaz: Jacobo Fernández (mestre de Pintura da EMAO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario