28 de nov. de 2018

Imaxes da Presentación do Libro "El Último Corredor" na Hemeroteca




Presentación do Proxecto Noctiluca de Bea López na Hemeroteca



Proxecto Noctiluca é un traballo que inclúe un poemario, dos cales, dez forman parte da fusión fotopoética co fotógrafo Alfonso Alcalá e o soporte sonoro con poemas recitados pola autora e musicados por Tato López (guitarra e composición), Antonio García Fernández (clarinete), Pablo Varela (piano), Diego Vázquez (mestura electrónica), e Álvaro López (sitar e guitarra solista). O poemario, ademáis, conta coas fermosas ilustracións do artista Juan Carlos Zamora, Zamo Tamay.
Este é un traballo autoeditado por Bea López e materializado grazas ás aportacións recibidas a través do crowdfunding que a autora xestionou coa plataforma Verkami.  

 (Fonte: O Correo Galego.es)



Presentación do libro "El Último Corredor" de José Carrera na Hemeroteca


Hoxe, 28 de novembro ás 19:00 horas  presentación de "El último corredor" na nosa Biblioteca. Durante o acto, o autor José Carrera, revelará detalles acerca desta novela que fará gozar aos amantes do atletismo e o deporte en xeral.

27 de nov. de 2018

Imaxes da Conferencia de Remei Sipi na Hemeroteca "As Mulleres Africanas en Europa"


Premio María Teresa Toral de Produción Gráfica a Rosa García, Mestra de Escultura e Talla en Madeira da EMAO



Este pasado sábado, 24 de novembro, entregáronse os XXIV Premios Nacionais de Grabado no Museo do Grabado Español Contemporáneo. Temos que felicitar á nosa profesora de Escultura e talla en madeira, Rosa García Martínez, que recibiu o premio María Teresa Toral, un dos tres que conceden á Produción Gráfica. Seleccionáronlle dous dos seus gravados da serie “... o que queda tras o bosque” e recibiu o premio por un deles “Bosque Negro”

Obra premiada "Bosque Negro"
Obra seleccionada
Sería interesante destacar o xurado que outorgou o premio e que estaba formado por José María de Francisco, director da Feira de Arte Estampa (unha das máis importantes de Europa de Arte Gráfica); Juan Francisco Rueda, crítico e comisario de Arte e Germán Borrachero, director do MGEC (Museo do Grabado Español Contemporáneo).
Parabéns!!!







26 de nov. de 2018

Conferencia de Remei Sipi: As Mulleres Africanas en Europa



Martes, 27 de Novembro, as 19:30h, na Biblioteca da EMAO o Ateneo Atlántico organiza á conferencia "As mulleres africanas en Europa".
A conferencia pretende ofrecer unha visión comprensiva da situación da muller africana emigrante en Europa, con particular atención á experiencia das mulleres da antigua colonia española de Guinea Ecuatorial.

Orixinaria de Guinea, máis residente en España dende os seus estudios universitarios, Remei Sipi Mayo leva desenrolado unha intensa labor no noso pais polas causas das mulleres africanas. Conferenciante, directora de teatro, membro de moi diversas redes e plataformas a prol da muller, das minorías étnicas e dos emigrantes, foi tamén directora da revista E'Waiso ata o ano 2008, editora especializada en textos africanos e é tamén autora por sí mesma. O seu libro máis recente é "Mujeres africanas: Más allá del tópico de la jovialidad" (Wanafrica Ed. 2018)

Remei Sipi gusta de explícarnos a situación humana con fluidez e sencillez. A súa palabra convértese nunha narración, lírica, suave, coma un conto.
 
Presentará o acto o profesor de Filosofía, Luis Escudero.


Imaxes da Conferencia "Breve Noticia Histórica das Irmás Mella: Alianza, Esperanza, Urania, Alba, Flora, Luz e Alicia"


22 de nov. de 2018

Conferencia "Breve Noticia Histórica das Irmás Mella: Alianza, Esperanza, Urania, Alba, Flora, Luz e Alicia" na Hemeroteca


Mañá, 23 de novembro de 2018 ás 19:00, celebrarase na nosa hemeroteca unha xuntanza para reivindicar a labor social das irmás Mella Serrano nesta cidade. Este acto enmárcase dentro dunha serie de presentacións que terán lugar entre novembro e decembro en Santiago, A Coruña, Pontevedra e novamente Vigo para divulgar o legado do anarquista vigués Ricardo Mella e presentar a web ricardomellacea.info.  
O acto de mañá estará exclusivamente dedicado á memoria das fillas de Ricardo Mella Cea e Esperanza Serrano: Alianza, Esperanza, Urania, Alba, Flora, Luz e Alicia, todas elas antigas alumnas da Escola de Artes e Oficios.
Este evento está organizado e coordinado pola investigadora Iria Presa e contará coa presenza entre outros do historiador José Luis Mateo e a poetisa Silvia Penas.


Imaxes da Palestra "A Galicia Urbana" na Hemeroteca de Artes e Oficios

Daniel Pino Vicente e Roberto Lamas Díaz

21 de nov. de 2018

Conferencia da Dra. África González Fernández "Balas Mágicas contra el Cáncer: Inmunoterapia"


Mañá xoves, 22 de novembro ás 19:30, teremos na nosa hemeroteca a conferencia "Balas mágicas contra el cáncer: inmunoterapia" pola Dra. Africa González Fernández. Presenta el acto el Dr. Mauricio Iribarren. Organiza o Forum IEV 2018.

Curso monográfico na EMAO: "O libro ilustrado: o gravado como imaxe do texto"

Continúa aberto o prazo de pre-inscrición do curso monográfico que terá lugar na EMAO no mes de xaneiro de 2019:
Aulas de Talla e escultura en madeira e de Encadernación artística: 
“O libro ilustrado: O gravado coma imaxen do texto”

Impartido por Rosa García e Pablo Otero, mestres da EMAO, respectivamente,  das especialidades de Talla e escultura en madeira e de Encadernación artística
Destinatarios: Persoas cun interese artístico no campo da arte gráfica e a edición e que non estean matriculadas na EMAO no curso 2018-19
Datas: do 7 ao 28 de xaneiro; luns mércores e venres de 10,30h a 13,30h
Duración: 30 horas
Obxectivo: Realización dunha tiraxe de gravados en relevo coma ilustración dun conto, que tomarán corpo de libro mediante a encadernación máis axeitada.
Programa:

  • O gravado en relevo
  • Entintado e estampación en unha e dúos tintas
  • Realización dunha serie ilustrada para a súa edición
  • A importancia do continente e o contenido
  • Elaboración dun libro mediante a elección da encadernación máis axeitada.
Material a aportar polo alumnado: Linóleo, papeis de gravado, libreta de apuntes/debuxo, regla de corte (metálica), papeis de recubremento, cúter, edición de texto.
  
Inscripción:
Gratuíta. Mediante envío de correo electrónico ao enderezo emao@vigo.org, cos seguintes datos (imprescindibles):

  • Asunto: [nome do curso]
  • Nome e apelidos do/a solicitante:
  • DNI:Teléfono de contacto: 
  • Enderezo de correo electrónico no que desexan recibir a confirmación de admisión, se é o caso.
Admisión de solicitudes:
Prazos: ata o 18 de decembro)
  • Só se admiten persoas maiores de 16 anos.
  • Só serán válidas as solicitudes que cumpran estrictamente as condicións indicadas nesta convocatoria para cada curso en concreto.
  • A inscrición farase por estricta orde de recepción do correo electrónico de solicitude ata cubrir o máximo de prazas ofertadas.
  • A confirmación da matrícula realizaráa a EMAO exclusivamente por correo electrónico. No caso de producírense vacantes no primeiro día do curso, convocarase aos reservas.

20 de nov. de 2018

16 de nov. de 2018

Marian Núñez no Faro de Vigo

Marian Núñez (Foto de Faro de Vigo)
Hoxe o xornal Faro de Vigo publica un interesante artigo sobre Marian Núñez, onde se fai eco da noticia de que a nosa profesora de Encaixe de Palillos é unha das vinte persoas incluídas na The San Miguel Rich List 2018, a única española neste ránking mundial de mulleres e homes que destacan polas súas experiencias vitais e non polas súas posesións. 
Parabéns Marian!!!

Imaxes do Concerto de Will Samson na Hemeroteca


8 de nov. de 2018

Homenaxe de Domingo Villar á Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Foto de Faro de Vigo

O próximo mes de marzo chegará as librerías a última novela  do escritor vigués Domingo Villar, O Último Barco, que se publicará en galego (Galaxia) e en castelán (Siruela). De todos é coñecido que Villar é o creador do personaxe do inspector Leo Caldas protagonista das súas novelas anteriores, Ollos de auga e A Praia dos Afogados que gozaron dunha gran acollida por parte dos lectores, con numerosas edicións, foron traducidas a 15 idiomas,  mesmo se fixo a adaptación cinematográfica dunha delas  "A praia dos afogados".
Agora despois de varios anos de espera, chega O Último Barco que neste caso ten un valor engadido para nós, pois a nosa centenaria Escola de Artes e Oficios será un dos escenarios nos que se desenvolve a novela.
Nós temos que agradecer a Domingo Villar a homenaxe que fai á nosa Escola na entrevista que publica Faro de Vigo, por iso reproducimos aquí as súas palabras:  

"É un dos lugares dos que os vigueses deberiamos estar máis orgullosos e, con todo, para a maioría non é máis que un edificio silencioso. Sinto que a miña obrigación ao escribir é tamén facer de altofalante e lembrar que temos na cidade unha xoia como esta"

Non podemos estar máis de acordo. Grazas Domingo Villar polo teu recoñecemento. 
Esperamos ansiosos O Último Barco

6 de nov. de 2018

Conferencia do Forum-IEV 2018 "As praias tan apreciadas como descoñecidas"



Este xoves, 8 de novembro ás 19:30 na hemeroteca
Conferencia organizada polo Forum-IEV 218

"As praias tan apreciadas como descoñecidas"
por
Mariano Lastra Valdor
Presenta
Patricio Sánchez Bello