14 de mar. de 2019

Fórum IEV 2019: Conferencia de Elena Ojea "Os impactos do cambio climático na pesca, como nos podemos adaptar?"



Hoxe, 14 de marzo ás 19:30, na hemeroteca temos a conferencia de Elena Ojea "Os impactos do cambio climático na pesca, como nos podemos adaptar?". Organiza Instituto de Estudos Vigueses , Universidade de Vigo e Concello de Vigo.
O Instituto de Estudos Vigueses, en colaboración coa Universidade e o Concello de Vigo, organiza o Fórum IEV 2019, un ciclo de conferencias que arrancou en xaneiro e se prolongará ata o vindeiro mes de decembro.
Este mes a conferencia corre a cargo de Elena Ojea, investigadora principal do grupo de investigación Future Oceans Lab da Universidade de Vigo, que ofrecerá o relatorio Os impactos do cambio climático na pesca, como nos podemos adaptar?  Na súa intervención, a experta explicará como o cambio climático está a ter efectos nos océanos que afectan a actividades como a pesca artesanal e industrial, ao tempo que fará un repaso ao coñecemento actual sobre os cambios no mar e as repercusións destes cambios para a pesca. Neste escenario, revisará tamén que di a ciencia sobre como a sociedade se pode adaptar.
Lugar: Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) García Barbón nº 5
Entrada: De balde Non é necesaria reserva.

Ningún comentario:

Publicar un comentario