22 de out. de 2019

Coloquio sobre Xosé Guillermo "Pintor de Voos" na Biblioteca da EMAO


Mañá ás 19:30, coloquio sobre o pintor e antigo alumno da nosa Escola Xosé Guillermo (1947-2009). 
O artista, nacido en Carballo pero vigués de adopción deixou na nosa cidade numerosas mostras da súa obra como as instalacións permanentes “ Hypocampus 97”, na facultade de Ciencias do Mar, ou “Mar e Arte 06”, no CEIP Ría de Vigo. Coleccións públicas, como a do museo municipal de Castrelos, e privadas, como a de Afundación, inclúen creacións súas como as esculturas das “ Xoubas” ou a pintura “ Asteleiros” (1976). Tamén é autor do logotipo de Edicións Xerais. 
En 1994 o artista plástico creou a Fundición Nautilus, unha asociación cultural que aínda segue en marcha e desde a que tentou contribuír á divulgación da arte fundindo distintas vertentes creativas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario