NORMAS PARA O ACCESO ÁS AULAS PARA A RECOLLIDA DE MATERIAL POR PARTE DO ALUMNADO
Co fin de facilitar a recollida de materiais, ferramentas, pezas e enseres persoais, a partir do día 27 de maio, e ata o 12 de xuño, de xeito organizado e ordeado, permítese o acceso do alumnado ás aulas, nas condicións, día e hora que previamente se lle indique polo seu mestre/a.
Este acceso realizarase coas seguinte medidas de seguridade e hixiene para dar cumprimento á normativa vixente e evitar aglomeracións innecesarias que poidan ser xerar algún tipo de situación de risco:

- O acceso será exclusivamente con cita previa que o alumno/a fará directamente ao mestre/a da súa especialidade; este indicaralle o día e hora para a recollida. Será atendido na aula polo mestre/a.
- O alumnado terá acceso soamente aós lugares de almacenaxe do seu material.
- Por vía da regra, empregaranse soamente as escaleiras para acceder á clase agás nos casos de mobilidade reducida ou avanzada idade que poderán empregar o ascensor, sempre de un en un.
- O/a alumno/a acudirá só/a, con mascarilla axeitada e traerá os elementos necesarios para levar as súas pertenzas (bolsa, caixa...)
- Limparase as mans antes de entrar na aula cun xel desinfectante instalado a tal feito na porta.
- No caso de que presente algúns dos síntomas do Covid-19 ou se atope illado/a en corentena, non poderá asistir a facer a recollida.
- Solicítase a máxima puntualidade; de chegar antes de tempo, a espera realizarase fóra da Escola, gardando a distancia de seguridade.
- Deberase en todo momento respectar as indicacións realizadas polo persoal da Escola.
Ningún comentario:
Publicar un comentario