23 de set. de 2010

IV ROTEIRO DE CREACIÓN CONTEMPORÁNEA




Santiago acolle, do 23 de setembro ao 3 de outubro, a cuarta edición do Roteiro de creación, unha cita anual na que os cidadáns poderán transitar polos obradoiros de artistas, espazos expositivos e demais lugares de difusión das artes na cidade. Ás xornadas autoguiadas de portas abertas por máis de 50 obradoiros de artistas, galerías de arte e colectores, súmanse exposicións de produción propia con preto de 80 creadores, cursos, conferencias, instalacións e performances.

O Roteiro preséntase como a mellor oportunidade para internarse no mundo íntimo e cotián do artista: coñecer o proceso creativo, o seu ámbito ou as fontes de inspiración dos que producen gravado, pintura, debuxo, escultura, serigrafía, videocreación ou xoiaría, entre outras técnicas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario