27 de nov. de 2010

¡ADEUS A DON FRANCISCO!



Falece o intelectual galeguista e ex presidente da Real Academia Galega (RAG) Francisco Fernández del Riego un dos grandes persoeiros da cultura galega, un defensor incansable da lingua e da cultura de Galicia.
Pertenceu á xeración de intelectuais xurdidos arredor do grupo Nós e foi un dos principais artífices da Editorial Galaxia xunto con Ramón Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro e Xaime Isla Couto. En 1963 xurdiu desta editorial a Revista Grial que co dirixiu e para a que escribiu de forma habitual artigos.
Foi director da RAG de 1997 a 2001. Ao seu traballo débese, entre outros logros, o nacemento do Día das Letras Galegas.  En 1995 fixo doazón a cidade de Vigo, dos seus fondos bibliográficos, documentais e artísticos que constitúen a Biblioteca e o Museo Francisco Fernández del Riego que se atopan a disposición do público na Casa Galega da Cultura xunto coa Biblioteca da Fundación Penzol da que foi director ata decembro de 2009.
Descanse en paz Don Francisco, unha das grandes figuras da cultura galega do século XX.

Ningún comentario:

Publicar un comentario