30 de nov. de 2010

LIBROS DA HISTORIA PARA O FUTURO



..."Amosar o legado libreiro que ao longo da historia deu en que hoxe exista un Arquivo de Galicia na Cidade da Cultura" ...  Este é o espírito co que os académicos Xosé Ramón Barreiro e Xosé Luís Axeitos realizaron unha selección de obras históricas das nosas letras que agora se poden ver na exposición Exlibris Gallaeciae. Dos libros de Galicia. En total son 83 obras que inclúen xoias como un dos poucos exemplares que se conservan íntegros do Códice Calixtino, manuscritos de Catelao ou primeiras edicións de Rosalía de Castro, entre moitos outros. A mostra poderá verse ata o vindeiro 25 de febreiro no Arquivo do Gaiás. Pode visitarse no marco do programa de visitas guiadas á Cidade da Cultura. É necesario inscribirse en el programa de visitas guiadas al Gaiás (www.cidadedacultura.org).

Ningún comentario:

Publicar un comentario