24 de nov. de 2010

ANA MARÍA MATUTE, PREMIO CERVANTES 2010


A escritora Ana María Matute foi galardoada este mércores co Premio Cervantes 2010. "...É unha especie de premio a todo o que pasou durante unha vida..."
Despois de seis votacións a escritora Ana María Matute consigue o Premio Cervantes 2010. É a terceira muller distinguida co premio. As outras dous mulleres foron a española María Zambrano en 1998 e a cubana Dulce María Loynaz en 1992. Matute (Barcelona, 1925) é membro da Real Academia Española, autora de case unha vintena de novelas e outros tantos relatos e contos. Ten, entre outros moitos, o Premio Planeta, o Nadal, o Nacional de Literatura e o Nacional das Letras Españolas. A escritora e académica Ana María Matute, é autora de novelas como Los hijos muertos (1959), Los soldados lloran de noche (1964) ou Olvidado Rey Gudú (1996).

Ningún comentario:

Publicar un comentario