24/11/2010

IV PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA PARA ÁLBUMS ILUSTRADOS


O Departamento de Educación do Concello de Santiago e Kalandraka convocan o IV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, cunha dotación económica única de 12.000 euros en concepto de adianto polos dereitos de autor.
O prazo de presentación dos traballos rematará o 28 de febreiro de 2011 e o fallo do xurado darase a coñecer o 1 de abril, previo á celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, e no marco das actividades da XI Campaña de Animación á Lectura que organizan o Concello de Santiago e Kalandraka.
O prestixioso artista italiano Roberto Innocenti (Florencia, 1940), ilustrador de obras como “As aventuras de Pinocho”, “A historia de Erika” ou “A casa”, e galardoado co Premio Hans Christian Andersen en 2008, será un dos membros do xurado do certame.

Máis información en Blog Web Kalandraka 

Ningún comentario:

Publicar un comentario