15 de dec. de 2010

A " ARTE DE FACER LIBROS ", EXPOSICIÓN NO VERBUM

 
Exposición temporal “A arte de facer libros” que se pode visitar no museo Verbum – Casa das Palabras ata o vindeiro 6 de febreiro de 2011. A exposición pretende poñer en valor as tradicións máis nobres da fabricación de libros, consta de 12 paneis explicativos onde se presenta a exposición e se fai un percorrido por:
  • A paixón polos libros: bibliófilos e coleccións; a función cultural da bibliofilia e o coleccionismo; algúns bibliófilos e coleccións significativas.
  • Os tipos de edición: os facsímiles; os libros ilustrados; os libros de artista.
  • Partes e procesos do libro: as partes do libro; a tipografía; o papel; impresión e tipos de impresión; a encadernación.
  • Relato da edición de “Demonios y ángeles” de Álvaro Cunqueiro e Javier del Río.
A exposición compleméntase cunha selecta e representativa mostra de obras procedentes de diversas coleccións que o visitante poderá visionar completas mediante pantallas táctiles.
Data
do 12 de novembro ao 6 de febreiro de 2011
Horario
de 10 a 19 horas. Entrada gratuíta

1 comentario:

  1. Exposicion moi interesante o problema e que esta no verbun e por descracia a este museo da nosa ciudade no vai nadie, moi curiosa a edicion do Denos e Anxos e un libro increible de cunqueirol

    ResponderEliminar