25/01/2011

A MOSTRA "PROXECTO APERTURA" INAUGURA O "ESPAZO EMAO"


Coa mostra "Proxecto Apertura" inaugúrase o vindeiro 28 de xaneiro, a nova sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios: o Espazo EMAO, o novo espazo é á vez un inicio e un resultado. Inicio dunha etapa na que a Escola se abre e mostra, en que consiste e cal é o sentido da súa actividade formativa e creativa, e o resultado da posta en práctica de cambios có firme propósito de actualizar a Escola e darlle un sentido acorde coas necesidades que demanda a sociedade viguesa no século XXI.
Esta primeira exposición consiste nunha selección de traballos realizados a meirande parte deles nos obradoiros deste edificio, polos alumnos, actuais e recentes, nun recoñecemento ao seu esforzo, porque eles son os verdadeiros protagonistas da Escola.

Catálogo da exposición

LUGAR E DATAS
Espazo EMAO (Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo).
Do 28 de xaneiro ao 26 de marzo de 2011
Inauguración: venres 28 de xaneiro ás 19 horas
Horario: 19:00 a 21:00
De martes a sábado




Ningún comentario:

Publicar un comentario