Inaugúrase este venres 18 de febreiro a exposición "Viexóvenes valores: a penúltima oportunidade" na que participan algúns de nosos máis talentosos mestres: Marián Nuñez e Federico Fernández . Eles mesmos dannos ideas sobre o espírito que a anima.
" A estas alturas da película xa se pecharon as portas dos certames de novos talentos, así que algúns viexóvenes valores cun pasado prometedor e un presente marxinal no mundo da arte, nos reunimos para organizar esta exposición, que se presenta como a penúltima oportunidade para mostrar ao público nosa valía creativa, antes de ter que volver aos nosos traballos alimenticios.
Un grupo, ou poderíamos chamarlle unha banda, unha camarilla, unha panda ou mesmo unha caterva, formada arredor do mundo da arte, materializamos a idea de expoñer na casa, nun espazo que serviu para para vivir e para traballar e que hoxe é un lugar de tránsito e de reunión, no que o seu inquilino permanente é Max, o gato, aínda que o seu dono por dereito sexa outro ...
... A casa, ese lugar de intimidade, onde se cociña e se come, onde se dorme e se soña, convértese por un tempo nun colector colectivo aberto ao público.

Invitamos a todos aqueles que lean isto e sintan interese ou simplemente curiosidade a que se pasen o día 18 de febreiro, ás 21:00 h. ou todos os venres sucesivos polo Halcón Milenario, na rúa Cervantes, 18, 1º D de Vigo "
Fai clic para ampliar |
Ningún comentario:
Publicar un comentario