A Asociación de Escritores en Lingua Galega celebra anualmente a súa homenaxe Os Bos e Xenerosos, que supón un acto de estudo e recoñecemento dunha figura ou colectivo que, pola súa dilatada actividade de intervención social, contribuíse á difusión da nosa cultura.
No 2011 chegamos á súa oitava edición, que se dedicou, por decisión unánime dos escritores/as socios/as, a Francisco Fernández del Riego, polo seu silencioso e incansábel traballo que mantivo aceso o facho da cultura galega en tempos moi difíciles.
Será o sábado, 19 de febreiro, na Casa da Cultura Galega de Vigo, ás 12.00.
O acto conta coa colaboración da Fundación Penzol, Editorial Galaxia e Concello de Vigo (Casa Galega da Cultura). Deixamos aquí o convite do acto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario