ARCOmadrid 2011 abriu as súas portas nunha edición na que o visitante toparase con menos galerías e menos pezas espectaculares, pero tamén con algunhas obras mestras, cuxo valor rolda o millón de euros. A peza estrela exhíbea a galería Marlborough, Madrid desde Torres Brancas, de Antonio López. Esta peza reflicte unha impresionante vista urbana de Madrid.
Outra das obras estrela da feira é un lenzo de Lucio Fontana, exposto na galería Elvira Gónzalez.Outra das pezas máis valoradas é o Femme en chapeau, de Pierre-Auguste Renoir, que presentará a galería xaponesa Base Gallery, cunha cotización de 900.000 euros, ou unha peza de Jacques Lipchitz, exposta en Marlborough, cuxa cotización rolda os 580.000 euros.
Esta edición, que hoxe inaugurarán os Príncipes de Asturias, contará coa participación de 197 galerías de 21 países –entre elas as galegas SCQ, Adhoc e Bacelos–, e pechará as súas portas o próximo domingo 20 de febreiro. Rusia é o país invitado no ano en que se celebra o 30 aniversario da Feira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario