17/02/2011

PRESENTACIÓN DO DOCUMENTAL " NOVO VIGO VELLO "


O documental Novo Vigo Vello, sobre o centro histórico de Vigo, protagonizado por Luís Tosar e producido por Flmanova, entrará nos circuítos de festivais nacionais e internacionais a partir do segundo semestre deste ano. A peza, dirixida por Eduardo Rolland, estará presente nas mostras de documentais de Cádiz, na Docúpolis de Barcelona, na de Bilbao e na Mostra Internacional de Patrimonio Arquitectónico de Madrid. Xa fóra de España, acudirá a festivais en Alemaña (Kasel e Leipzig), Holanda (Ámsterdam), Italia (Milán), Inglaterra (Sheffield), Portugal (Lisboa), Francia e Arxentina (Bos Aires).
Antes de participar nestas citas, os vigueses poderán contemplar o documental na presentación que se celebrará no Centro Social de Novacaixagalicia mañá 18 de febreiro ás 20.00 horas, e na que participará o propio Tosar, embaixador honorífico do Casco Vello. O domingo 20  ás 12.00 horas haberá un pase aberto ao que se asistirá con invitación, a cal pode recollerse na Tenencia de Alcaldía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario