O Museo Valenciano da Ilustración e da Modernidade (MuVIM) inaugura hoxe as exposicións de arte Miguel Calatayud: Ilustraciones 1970/2010 e Kipling Ilustrado. A primeira é unha mostra antolóxica da obra gráfica do creador alicantino, galardoado en 2009 co Premio Nacional de Ilustración pola súa traxectoria; na segunda preséntanse os traballos elaborados por sete destacados ilustradores do panorama artístico actual para acompañar outros tantos relatos do escritor Rudyard Kipling, no ano no que se cumpren 75 anos do seu pasamento. KALANDRAKA asiste esta tarde á inauguración desas exposicións para presentar os catálogos editados con tal motivo. Trátase de publicacións de calidade, libros de museo deseñados, producidos e impresos en Galicia, para un dos centros culturais máis sobranceiros a nivel estatal.
17 de feb. de 2011
PRESENTASE NO MUVIM DE VALENCIA OS LIBROS DE SENLLAS EXPOSICIÓNS ADICADAS A MIGUEL CALATAYUD E A KIPLING
O Museo Valenciano da Ilustración e da Modernidade (MuVIM) inaugura hoxe as exposicións de arte Miguel Calatayud: Ilustraciones 1970/2010 e Kipling Ilustrado. A primeira é unha mostra antolóxica da obra gráfica do creador alicantino, galardoado en 2009 co Premio Nacional de Ilustración pola súa traxectoria; na segunda preséntanse os traballos elaborados por sete destacados ilustradores do panorama artístico actual para acompañar outros tantos relatos do escritor Rudyard Kipling, no ano no que se cumpren 75 anos do seu pasamento. KALANDRAKA asiste esta tarde á inauguración desas exposicións para presentar os catálogos editados con tal motivo. Trátase de publicacións de calidade, libros de museo deseñados, producidos e impresos en Galicia, para un dos centros culturais máis sobranceiros a nivel estatal.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario