15/03/2011

EXPOSICIÓN DAS OBRAS EN GRANITO DE MARIO HORTA


Últimos días para visitar a exposición de Mario Horta que reúne 20 pezas baixo o título "Arria e volandina (Piedra y alma)".
A rudeza, as formas redondeadas, os ocos e un certo primitivismo estético configuran a aposta de Hortas, que consigue facer amable a rudeza e lle dá unha forza e unha vitalidade inusual a esta pedra tan difícil. As súas obras caracterízanse pola tendencia á abstracción, nas que combina a sutileza típica galega cunha refinada sofisticación minimalista.

Lugar: Sala III do Centro Social Novacaixagalicia en Vigo
Policarpo Sanz, 26
Horario: De luns a venres, de 18.00 a 21.00 horas
Sábados, domingos e festivos de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas
Datas: Ata ó 20/03/2011

Ningún comentario:

Publicar un comentario