28/04/2011

"ALALÁ DA NOITE" MELLOR CANCIÓN GALEGA NOS XV PREMIOS DA MÚSICA

Os músicos de Berrogüeto

O Alalá da noite de Berrogüetto impúxose aos temas de Mercedes Peón, Cristina Pato e Rosa Cedrón que quedaron finalistas. Siniestro Total, que tamén optaba ao galardón, anunciara no seu web que renunciaba á súa candidatura ao considerar que tiñan máis dereito ao premio músicos que desenvolven a súa carreira integramente en galego. O tema gañador é da autoría de Manuel Rivas, Quico Comesaña e Xabier Díaz, e forma parte do seu último álbum Kosmogonías. Parabéns !!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario