28/04/2011

ENCONTRO : ASOREY E A CREACIÓN ARTÍSTICA DO SÉCULO XX


A Universidade Internacional Menéndez Pelayo Galicia (UIMP Galicia) organiza o encontro"Asorey e a creación artística do século XX", este encontro está incluido dentro do programa do Aniversario que este ano 2011 estase a celebrar en Cambados co gallo dos 50 anos do pasamento do escultor cambadés.
O obxectivo é difundir e estudar a creación artística dun dos máis grandes escultores galegos do século pasado. Para iso diseñaranse unha serie de clases teóricas que a modo de ponencias inclúan o período histórico 1889-1961 no que trancorre a vida de Francisco Asorey, así como os diferentes estilos artísticos polo que vai discurrir a súa obra, e unha serie de intervencións prácticas que ilustrarán con exemplos concretos a magnitude da obra deste gran escultor galego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario