13/04/2011

CONFERENCIA SOBRE O SURREALISMO A CARGO DE MONSE CEA


Hoxe mércores 13 de abril ás 19.30 horas no VERBUM, terá lugar a conferencia:

SURREALISMO BAIXO DÓUS ASPECTOS: O OBXECTO POÉTICO E A EDICiÓN , DA MAN DE MONSE CEA, ADXUNTA DE DIRECCIÓN DA FUNDACIÓN EUGENIO GRANELL E COMISARIA DA MOSTRA "O OBXECTO POÉTICO E A EDICIÓN: DÚA ACHEGAS DENDE O SURREALISMO".

A charla está orientada a tipo de públicos, mais sobre todo para persoas interesadas no surrealismo e no mundo da poesía visual.
A conferencia prográmase dentro do ciclo de actividades realizadas para dinamizar os contidos da exposición. Esta, fai parte do programa de exposicións itinerantes creado pola Fundación Granell para dar a coñecer os seus riquísimos fondos, difundir o corpus estético e ético do surrealismo, e a obra de Eugenio Granell.
Afondaráse nos contidos da exposición temporal e daráse a coñecer ao público a riqueza das publicacións no mundo do surrealismo, así mesmo, a difusión da poesía visual no movemento, a máis das grandes aportacións que á arte posterior lle vrindan os achados surrealistas arredor do obxecto poético. 

Entrada gratuíta ata completar aforamento (40 asistentes)

Ningún comentario:

Publicar un comentario