02/05/2011

CERTAME DE PINTURA ANTONIO QUESADA


O sábado 30 de abril fallouse o premio "Certame Antonio Quesada" de novos valores da plástica galega. O primeiro premio foi para Alba Pardo por "Entre néboas" que pasará a colección municipal que se exhibe na Pinacoteca Francisco Fernández del Riego.
O segundo premio foi para Begoña Ante pola obra "Carteis mudos. Calvario". Ademáis o xurado concedeu dous accésits un a Amelia Vázquez e outro a Josías Figueirido. As obras gañadoras e as pezas seleccionadas para participar no certame foron exhibidas na Casa Galega da Cultura.

Ningún comentario:

Publicar un comentario