04/05/2011

XV FEIRA DE ARTESANÍA DE OURENSE


Dende o pasado venres 29 de abril e ata ó 8 de maio estase a celebrar a XV Feira de Artesanía de Ourense. Unha edición chea de novidades, na que participan numerosos artesáns que se dedican a de diversas actividades como: xoiaría, cerámica, pintura, encaixes, traballo do coiro ...  Ademais dos tradicionais postos haberá demostracións en vivo do traballo dos artesáns, exposicións de cestería, tecidos e tinturas naturais.

Datas: 29 de abril ó 8 de maio
Horario: 10,00 a 14,00 h. e 17,00 a 21,00 h.
Lugar: Praza das Damas, Alameda

Ningún comentario:

Publicar un comentario