12/05/2011

CICLO "MÚSICAS INMIGRADAS" NA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA TRADICIONAL E FOLK DE VIGO (E-TRAD)


O ciclo Músicas Inmigradas, adicado neste ano a Romanía e Uruguay, consiste en catro actividades de encontro e coñecemento mútuo utilizando a música como vehículo principal, que se celebran cada ano na E-Trad. A primeira parte consistirá en demostracións musicais e de danzas romanesas, Ion Stan e Cristian Busuioc, da Asociación Puente Cultural Rumano Gallego, co grupo folclórico de dita asociación afincada en Santiago, serán os encargados de amosar o folclore romanés os días 13 e 20 de maio de 18:30 a 20:30.
E será a Comparsa "Urumundo", membros da Asociación Uruguayos por el Mundo de Vigo, a protagonista da segunda parte deste III ciclo que se levará a cabo os días 3 e 10 de xuño co mesmo horario da primeira parte. Centraranse no xénero musical afro-uruguayo "candombe", recoñecido pola UNESCO como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade. 
O ciclo ten lugar na sede da Escola, no Auditorio da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. A entrada é libre ata completar o aforo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario