19 de maio de 2011

CONCERTO DE CASS McCOMBS NO MARCO

 
En relación coa programación do Festival SINSAL, o concerto de Cass McCombs terá lugar este venres 20 de maio no salón de actos do MARCO, ás 21.00 h. Cass McCombs é un cantautor californiano afincado en Baltimore que co seu último disco dá o salto ao éxito internacional. Catacombs, a súa última referencia  é moito máis que unha boa canción, é a confirmación dun cantautor que domina a melodía e a voz sumerxido no proceso de atopar o seu lugar. McCombs fai o camiño cara as raíces do folk americano sen obviar a canción, as sonoridades pop que a introducen no presente. 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario