16 de maio de 2011

DIA INTERNACIONAL DO MUSEO 2011


Como cada ano dende 1977, o ICOM (Consello Internacional de Museos) convida aos museos do mundo enteiro a celebrar o Día Internacional do Museo, creado para promover o interese xeral pola xestión e as actividades dos museos e centros de arte. O lema deste ano 2011 é “Museo e memoria”, que alude á función de conservación do patrimonio cultural e natural, con actividades relacionadas coa memoria individual e colectiva. 
O MARCO súmase a esta celebración e ofrece unha programación especial, que nesta ocasión se concentrará na xornada do martes 17 de maio, Día das Letras Galegas, incluíndo visitas guiadas ás exposicións temporais, obradoiros didácticos para público familiar, e una actividade específica relacionada coa memoria sonora de Vigo, realizada en colaboración con SinsalAudio, e que é parte dun proxecto producido polo Verbum - Casa das Palabras.
O MARCO permanecerá aberto ao público durante toda a xornada do martes festivo, ininterrumpidamente de 11.00 a 21.00. Nestas datas, a programación de exposicións do MARCO inclúe a proposta de MARTIN CREED na planta baixa, a exposición de WILFREDO PRIETO no primeiro andar, e o proxecto HOTEL MARCO, de MICHAEL LIN e rvr arquitectos, no Espazo Anexo. Este último permanecerá aberto ao público como espazo expositivo ata o mércores 18 de mayo, xa que a partir do xoves 19 comezará o seu uso como cuarto de hotel.

Ningún comentario:

Publicar un comentario