05/05/2011

EXPOSICIÓN NO VERBUM: "GALICIA NAS ONDAS, 1933 - 2011"


Entre 1933 e 1935 comezan as emisións radiofónicas en Galicia. As primeiras foron en Santiago, para promover o Estatuto de Autonomía. Nacía un medio de comunicación imprescindible na vida e na memoria galega do século XX.

A mostra amosa, equipos antigos e modernos, transmisores, aparatos de radio, micrófonos… fondos documentais, guións e fotografías que ilustran a historia do medio: os inicios, a censura franquista, a apertura de finais dos anos 70, a transición e o futuro da radio na era dixital.

“Galicia nas Ondas. 1933-2011” non sería posible sen a achega desinteresada de numerosos coleccionistas, as emisoras galegas pioneiras e a colaboración dos medios máis recentes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario