O sábado 7 de maio terá lugar a segunda das rutas do programa da Concellería de Patrimonio Histórico, "Vigo: a descoberta da historia", que integra catro rutas que se celebrarán en sábados alternativos. 
A primeira ruta, que comenza na cultura castrexa e avanza no tempo ata o século XVIII, nas orixes do Vigo moderno, terá lugar os sábados 30 de abril e 14 de maio, con saídas as 11 horas dende o poboado castrexo do Castro. Inclúe paradas no castelo de San Sebastián, o pazo  de Abeleira Menéndez, o Paseo de Alfonso, as rúas Poboadores e Real, a  Praza de Almeida e a Colexiata. 
A segunda ruta, comeza onde remata a anterior, nos inicios do século XIX e avanza ata a  primeira metade do século XX, explicando o nacemento de Vigo como  cidade.  Celebrarase os sábados 7 e 21 de maio, e tras saír ás 11 horas  dende a Colexiata, terá paradas nas prazas da Constitución e da  Princesa, a rúa Imperial, as Portas da Gamboa e Laxe, o Hotel Universal,  o monumento a Elduayen, a Praza de Compostela, Policarpo Sanz e a   Porta do Sol. 
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario