14/05/2011

1ª MOSTRA DAS LETRAS E DAS ARTES EN MARÍN


A villa vivirá a celebración do Día das Letras Galegas, que se conmemorará o próximo 17, coa primeira edición da Mostra das Letras e das Artes.
As actividades darán comezo este venres coa participación da escritora de contos infantís e profesora en Marín, Fina Casalderrey.
As actividades completaranse coa celebración de varios obradoiros como o dedicado á fabricación de papel reciclado e papel maché, imprenta Gutenberg, escritura cuneiforme co que aprender a escribir en geroglífico, máquinas que debuxan como é o caso do pantógrafo e o armonógrafo, estampación e gravado, serigrafía e o taller de oralidade que ofrecerá Alberto Barreiro de Kalandraca editores.
Do 13 ao 17 de maio de 2011, na Alameda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario