9 de maio de 2011

X BIENAL INTERNACIONAL PINTOR LAXEIRO


O Museo Ramón María Aller e mais o Concello de Lalín acollen desde o 6 de maio e ata o vindeiro 10 de xuño a X Bienal Internacional Pintor Laxeiro. O encontro, que conta con Antón Lamazares como artista convidado, amosa traballos de 69 creadores, seleccionados entre as 250 obras presentadas. Aínda que a maior parte dos escolleitos son pinturas e esculturas, o evento expón por vez primeira unha videocreación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario