07/06/2011

CERTAME DE ARTES PLÁSTICAS "NOVOS VALORES 2011"


A Deputación de Pontevedra convoca o Certame de Artes Plásticas NOVOS VALORES 2011, poderán participar neste Certame, sen límite de idade, todos os artistas (pintores, escultores, debuxantes, deseñadores, gravadores, fotógrafos, ceramistas, videocreadores, etc.) susceptibles de seren considerados novos valores, naturais ou residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, debendo, no último caso, acreditardocumentalmente esa circunstancia. 
As obras deben presentarse no Sexto edificio do Museo Provincial de Pontevedra (Padre Amoedo,s/n)(36002-Pontevedra), ben persoalmente, ben a través dun medio de transporte que garanta a súa entrega. O prazo de recollida estenderase desde o día 1 ao 9 de xuño, ambos inclusive , do ano en curso e entre as 09.00 e as 14.00 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario