6 de xuño de 2011

SESIÓN ESPECIAL DE CONTACONTOS NA CLAUSURA DA EXPOSICIÓN "SOÑOS ILUSTRADOS"

                                           
                                                                           
Como acto de clausura da Exposición "Soños Ilustrados", que se exhibe no Espazo EMAO, terá lugar, o venres 10 de xuño a partir das 18,30 horas, unha sesión especial de contacontos, co equipo de animación á lectura de "Contos para soñar", da editorial Kalandraka, que se traslada, nesta ocasión, á Escola de Artes e Oficios, no marco desta mostra de ilustradores que chega ao seu fin. Especialmente adicado aos nenos e nenas...

LUGAR: Espazo Emao, esquina das rúas Pontevedra e Rosalía de Castro
A entrada é libre ata completar o aforo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario