24/06/2011

FESTIVAL VIGO TRANSFORMA



O Festival Vigo Transforma, celebrará a súa segunda edición entre o 23 de xuño e o 2 de xullo no peirao de transatlánticos. Instalacións, performances, talleres, proxeccións, desfiles de moda e exposicións conforman o programa de actividades que se prolongará ata o próximo día 2 de xullo.
A primeira acción artística foi protagonizada por Xulio Lago e Roberto Braña, os autores da cadeira xigante do monte A Torre, de Moaña, que durante algúns días provocou a atención de toda Galicia. Os dous artistas propuxeron o Amplificador de segredos, que quedará situado no paseo das Avenidas ata o 2 de xullo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario