24 de xuño de 2011

PREMIOS DA CULTURA GALEGA 2011


O Diario Oficial de Galicia [21/06/2011] publica  a orde da Consellería de Cultura e Turismo pola que se convocan os Premios da Cultura Galega para 2011, co obxecto de apoiar o labor creativo na Comunidade e a súa expansión nos novos espazos que se abren na actualidade. A Consellería de Cultura e Turismo premiará o traballo creativo da nosa comunidade e a súa expansión no exterior a través de sete modalidades: Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural, Promoción Cultural de Galicia, Música e Creación Audiovisual. O prazo de presentación de candidaturas amplíase este ano a dous meses, contados a partir do día 22 de xuño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario