22/06/2011

RUBÉN GRILO NO MARCO


O próximo venres 24 de xuño, terá lugar a inauguración da exposición de Rubén Grilo. É a terceira do ciclo ‘ENTRAR NA OBRA’, que se desenvolve ao longo de varios meses nas salas do primeiro andar, e cuxo título está tomado da célebre peza de Giovanni Anselmo Entrare nell’opera (1971). O paradoxo que rodea o concepto de espectador e que o sitúa entre a pasividade e a acción é o punto de partida desta serie de proxectos, que analizan ao público, ao visitante, ao espectador, á audiencia, como un elemento inherente á obra.
O título desta exposición, ‘PowerPoint Karaoke’, fai referencia a un evento organizado polo colectivo berlinés Zentrale Intelligenz Agentur en 2006, cuxos participantes debían, fronte a un público, improvisar unha charla utilizando unha presentación de PowerPoint descoñecida para eles con anterioridade, moitas veces elaborada con material seleccionado ao chou de Internet.
Máis información
Datas: 24 xuño 2011 - 28 agosto 2011
Lugar: primeiro andar
Horario: martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 a 21.00, domingos, de 11.00 a 15.00

Ningún comentario:

Publicar un comentario