30 de set. de 2011

FACES DO PAÍS. O RETRATO EN GALICIA 1890 - 1950


Novacaixagalicia acolle ata finais do mes de novembro a mostra "Faces do país. O retrato en Galicia 1890-1950". A mostra inclúe obras de artistas tan destacados como Sotomayor, Corredoyra, Castelao, Julia Minguillón, Laxeiro, Maruja Mallo ou Colmeiro, entre outros.
Moitas das principais institucións museísticas galegas -coma a Fundación Laxeiro, o Museo de Belas Artes da Coruña, a Fundación María José Jove, o CSIC ou o Museo de Pontevedra, entre outras- colaboran na produción dunha mostra moi ambiciosa na que participan tamén coleccionistas e institucións privadas.
Boa parte das pezas que se poden ver desde o 27 de setembro, ata o 20 de novembro no Centro Social Novacaixagalicia de Santiago e do 1 de decembro ao 29 de xaneiro en Pontevedra, non foran antes expostas ao público.

29 de set. de 2011

"ARTE NA RÚA": CONCERTO 13º ANIVERSARIO DA CORAL O PIÑEIRAL


O sábado 1 de Outubro, ás 20:00 h. a Coral O Piñeiral de Chapela pon en escea o espectáculo "Arte na Rúa", coa participación de mimos, malabaristas, titiriteiros, bailaríns, etc, e a colaboración da actriz Charo Pita. 
Lugar: no Multiusos o Piñeiral de Chapela. 
Organiza: Asociación Coral O Piñeiral; colabora Concellería de Cultura.

ESCOLA DE ARTES E OFICIOS DE VIGO: 125 ANOS AO SERVIZO DA CIDADE


Estas son algunhas imaxes da pequena exposición que se fixo na hemeroteca da Emao con motivo da celebración do 125 aniversario da creación da Escola, é o pasado e o presente da mesma. Esta mostra acompañou a sinatura no Libro da Escola da Presidenta do Padroado, a concelleira Raquel Díaz.

27 de set. de 2011

EXPOSICIÓN DE KARMELO BERMEJO NO MARCO



A de Karmelo Bermejo é a cuarta proposta do ciclo ‘ENTRAR NA OBRA’, que se desenvolve ao longo de varios meses nas salas do primeiro andar, e cuxo título está tomado da célebre peza de Giovanni Anselmo Entrare nell’opera (1971).
A exposición de Karmelo Bermejo, titulada . —un punto, un signo ortográfico que illado, funciona con novos significados— está concibida como un traballo en capas, que se van superpoñendo, anulando ou complementando na súa invisibilidade.

DATAS
23 setembro – 27 novembro 2011
LUGAR
Salas de exposición do 1º andar
HORARIO
Martes a sábados (festivos incluídos) de 11.00 a 21.00
Domingos, de 11.00 a 15.00
COMISARIOS
Agar Ledo Arias e Iñaki Martínez Antelo
PRODUCIÓN
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

26 de set. de 2011

125 ANIVERSARIO DA CREACIÓN DA ESCOLA DE ARTES E OFICIOS


Hoxe cúmprense 125 anos da creación da Escola de Artes e Oficios, lonxe queda aquel día de xullo de 1885 no que a Sociedade de Socorros Mutuos "A Cooperativa" acordou crear un centro "... no que os obreiros puidesen adquirir os coñecementos necesarios para perfeccionarse no exercicio das diversas industrias ás que se dedican." Este centro nace oficialmente na rúa do Circo, nº 3 nun edificio construido por D. Augusto Barcena en terreos da súa propiedade, o 26 de setembro de 1886 verificábase a apertura do primeiro curso. O ex ministro D. Eduardo Chao, presidente honorario da Cooperativa foi o encargado do discurso inaugural ademais el contribuirá xenerosamente doando o material de ensinanza. Ao principio a Escola foi sostida polas doazóns de particulares que cedo foron insuficientes, por iso A Cooperativa decide entregar a titularidade da Escola ao Concello de Vigo no ano 1888. Despois de catorce anos a Escola trasladase aos edificios que ocupa na actualidade e que se debe á xenerosidade de D. José Garcia Barbón, quen encargou o proxecto ao arquitecto Michel Pacewicz. O ilustre filántropo completo a súa doazón con material de ensino, maquinaria e libros para formar a biblioteca que sería a primeira biblioteca pública de Vigo. A nova sede da Escola inaugurose o 23 de setembro de 1900 sendo o director D. Fernando García Arenal e o chamado edificio anexo o 27 de outubro de 1904.
Ao longo da súa historia a Escola de Artes e Oficios tivo unha contribución fundamental ao desenvolvemento  de Vigo. As personalidades máis sobranceiras da cidade  formaron parte do seu claustro de profesores e colaboraron no extraordinario labor docente e social que esta levou a cabo, tamén é salientable a achega á sociedade viguesa dos alumnos saídos das súas aulas. A Escola colaborou na preservación das artes e dos oficios da comarca, os momentos de maior auxe da Escola coinciden cos anos de maior impulso industrial e maiores inquietudes da cidade. A Escola de Artes e Oficios é un organismo vivo e unha das institucións máis representativas do espírito loitador e o afán de superación que caracteriza a Vigo.




23 de set. de 2011

CURSOS DE CREACIÓN DE BANDA DESEÑADA



Na Biblioteca de Vigo celébrase, a partir do vindeiro 8 de outubro o habitual curso de iniciación que se celebrará cada sábado de 12 a 13:30 ata o vindeiro mes de xuño. María Vilar imparte as aulas e a inscrición está aberta a partir do pasado 20 de setembro. A mesma debuxante, canda a Iago Araújo, comeza oficialmente o curso o 6 de outubro e desenvolverá a súa actividade xoves e venres ata xuño de 18:30 a 20:30

19 de set. de 2011

ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO (EMAO)


Ábrese o prazo de preinscrición e matricula para o curso 2011-2012 na Escola Municipal  de Artes e Oficios. As clases comezan o 3 de outubro.

XI ENCONTRO DE TORNEIROS DE GALICIA


A Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, organiza o XI Encontro de Torneiros da Madeira en Galicia; que se vai celebrar en Xermade os días 23, 24 e 25 de setembro e nos que colabora o Concello de Xermade.
Nesta nova edición dos encontros preténdese establecelas canles que permitan a supervivencia técnica, económica e social do oficio da tornería achegándoo aos sectores formativos relacionados co mundo da madeira, promover o contacto con intermediarios e prescritores de opinión e facer visible o sector tradicional cara a sociedade dende o valor da autenticidade artesán ligada á marca Artesanía de Galicia.

O FORO “GALICIA E AS INDUSTRIAS CULTURAIS E CREATIVAS-AXENDA 2020”


Cincuenta especialistas en industrias culturais e creativas procedentes de 6 países reuniranse do 19 ao 22 de setembro en San Simón, a Illa do Pensamento, con motivo da posta en marcha do proxecto INDCREA, una iniciativa promovida pola Consellería que Cultura e Turismo e o Consello da Cultura Galega (CCG) que bota a andar co foro de debate Galicia e as industrias culturais e creativas diante da Axenda 2020. 
O encontro proponse abrir novos espazos de reflexión e investigación sobre os escenarios de futuro das industrias culturais e creativas de Galicia como sector estratéxico cara a segunda década do século XXI, tendo en conta, ademais, o programa de converxencia dixital da Unión Europea. Deste xeito, tratarase de deseñar políticas culturais orientadas á xeración de riqueza, valor engadido e emprego.

"PINTANDO A BIBLIOTECA" FEDERICO FERNÁNDEZ


A partir do luns 19 de setembro o ilustrador Federico Fernández, mestre de debuxo na nosa escola, realizará un mural deseñado para a Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas. Durante a realización do mural a biblioteca manterá os seus servizos habituais e os usuarios poderán presenciar a evolución do traballo e observar ao artista ao longo do proceso creativo. 


14 de set. de 2011

MANUEL PESQUEIRA (1911-2011) "DE TERRA E DE XENTES"


Inauguración hoxe, 14 de setembro, en Pontevedra da exposición antolóxica Manuel Pesqueira (1911-2011) "De terra e de xentes". A mostra poderá visitarse ata o 20 de novembro, no Centro Social Novacaixagalicia Pontevedra, na rúa Augusto González Besada, 2-4.

13 de set. de 2011

SALÃO INTERNACIONAL DE ARTE DO ALTO ALENTEJO


Chus Láuzara, pintora e alumna da nosa Escola, nos comunica a celebración e a súa participación no  1º Salón Internacional de Arte do Alto Alentejo que terá lugar a partir das 16 h do 8 de outubro nas salas do Centro Cultural de Sousel baixo o patrocinio da súa Câmara Municipal. Este evento congregará artistas plásticos de varias latitudes que demandaron a planicie alentejana para mostrar a súa arte.

Outras obras de Chus Láuzara:

XXVI PREMIO BMW DE PINTURA


Convocado o Premio BMW de pintura na súa 26 edición. Máis información en:

MOSTRA DE FOTOGRAFÍA "XOGARTE" NO PUNTO XOVE DE VIGO

Instantánea de Tamara Soengas . Foto de Jose Lores

"Xogarte" é unha mostra colectiva de fotografía de catro artistas noveis galegas: Sara Costas, Carla Otero, Mare Penín e Tamara Soengas. Permanecerá no Punto Xove de Vigo ata o próximo 30 de setembro. "Xogarte" é unha mostra de obras que serven de punto de partida para achegar o mundo da fotografía aos máis novos.

47 EDICIÓN DE IBERJOYA, SETEMBRO 2011


A próxima edición de Iberjoya, que se celebrará do 14 ao 18 de setembro no pavillón 10 da Feira de Madrid, presentará as últimas coleccións de moda en xoiaría e reloxaría, xunto ás novas propostas en ourivaría e industrias afíns.

9 de set. de 2011

PREMIOS DE NACIONAIS DE CERÁMICA 2011


A Asociación Cidades da Cerámica (AeCC) convoca a segunda edición deste certame que se divide en catro modalidades. O prazo para o envío de candidaturas remata o 30 de outubro.
Documentación:

FITTING ROOM BILBAO, 2011


Ábrese o prazo para participar na 6ª edición do Fitting Room. Nesta ocasión o escenario elixido é o Hotel Meliá Bilbao e a data o 26 de novembro. Nesta edición dez tendas de arte, moda e deseño acudiran ao encontro para seleccionar a dez participantes que despois expoñan e distribúan nos seus locais. Máis información en: www.ilovefittingroom.com/

5 de set. de 2011

2 de set. de 2011

LOIS PEREIRO NO PAZO DE TOR


O pintor aragonés Alberto Granada, alumno da nosa escola, inauguro onte unha exposición no Museo Pazo de Tor (Monforte de Lemos), adicada ao poeta monfortino Lois Pereiro, Premio das Letras Galegas, 2011. A mostra está encadrada dentro do proxecto Espazos públicos de visibilidade, organizado pola Rede de Museos da Deputación, cuxo obxectivo é dar a aquelas persoas que teñen algunha idea artística un espazo onde plasmala. A exposición estará ata o 31 de decembro e consiste, entre outras cousas, nunha proxección de imaxes da serie Pinturas de Amor e Enfermidade, feitas polo artista, acompañadas da lectura dos poemas de Lois Pereiro que inspiraron ditas obras.
Na lectura dos poemas participaron destacadas persoas da vida cultural galega, como a cantante Uxía, as actrices Iria Pinheiro y Uxía Blanco, o escritor Francisco Castro, a gaiteira Cristina Pato, a locutora de Onda Cero Raquel Sánchez e Josete Díaz, cantante do grupo vigués Martynez.

http://vimeo.com/28064914

II CONVOCATORIA DE SERIGRAFÍA


O Centre de Creació La Escocesa organiza a II Convocatoria de Serigrafía co obxectivo de dar visibilidade e apoio á obra gráfica producida en serigrafía en dúas modalidades: exposición e produción.
Máis información

SUPER RATÓN A NOVA EXPOSICIÓN DO HALCÓN MILENARIO


Nova convocatoria dos creadores do Halcón Milenario que nos presentan Super Ratón, unha mostra de obras para deleite dos aficionados á arte. Super Ratón inaugúrase este venres 2 de setembro as 21,00 h. e abrirá tamén o sábado 3 entre as 12 e as 24,00 h. Tamén os días 9 e 10 de setembro co mesmo horario.
A exposición estará amenizada por Fredy D J.
Dirección: Rúa Cervantes, 18, 1º D. Vigo
http://www.disquecool.com/

1 de set. de 2011

UN DISPARO DE ADVERTENCIA


Alain Urrutia, Beijing 2011

Un disparo de advertencia terá lugar nos días 2, 3 e 4 de setembro de 2011 en Lalín. Seis artistas (os galegos Álvaro Negro, Jorge Perianes, Carlos Maciá, Misha Bies Golas e Amaya González, xunto coa navarra Miren Doiz) levarán a cabo diferentes accións en espazos públicos durante a noite do venres.
Máis información

EXPOSICIÓNS NA CASA DA CULTURA DE CANGAS

Inauguración das seguintes exposicións: 


“GALICIA DOS MEUS SOÑOS”, de Antonio Franco, acto que vai ter lugar, maña venres día 2 de setembro, ás 19 horas, na Sala de Exposicións “Angel Botello da Casa da Cultura de Cangas. 
 

“LUZ E COR NA CAPELA”, de Chelo Rodriguez, acto que vai ter lugar, mañá venres día 2 de setembro, ás 20 horas na Capela do Hospital, Cangas.

PREMIO EUROPEO DE ARTES APLICADAS 2012


O WCC-BF (Consello Mundial da Artesanía - Bélxica Comunidade Francófona) organiza a segunda edición deste certame internacional dirixido a todas as disciplinas:  cerámica, vidro, téxtil, xoiaría, madeira, papel, mobiliario, accesorios ... O prazo remata o 5 de decembro.

cast_premio_europeo2012.pdf (284,9 KB)

XXX FEIRA INTERNACIONAL DE CERÁMICA DE PONFERRADA E EMBARRARTE 2011

  

Do 6 ao 9 de setembro, celebrarase a XXX Feira Internacional de Cerámica de Ponferrada (León) en coincidencia co Embarrarte 2011. O Programa inclúe accións interdisciplinarias como escultura en adobe, cerámica primitiva canaria e portuguesa, accións audiovisuais, construción de instrumentos musicais cerámicos e espectáculos de fogo, coa participación de creadores internacionais que traballan e investigan na creación de novas versións artísticas.
Máis información en embarrarte blogspot.com