29 de feb. de 2012

XXII MOSTRA DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS, DO 4 Ó 8 DE ABRIL


Dentro do recinto feiral o visitante atopará demostracións de palilleiras consagradas e das palilleiras infantís pertencentes ás escolas municipais, que constatan o prometedor futuro do Encaixe de Camariñas. Como novidade nesta edición tamén poderemos observar como alumnas de deseño de encaixe realizan as súas obras. Para esta edición contamos cunha ampla participación do encaixe internacional, entre as cales caben destacar a participación de palilleiras provenientes de: Rusia, Inglaterra, Italia, Bélxica, Hungria, Bulgaria, Francia, Portugal, Brasil, Malta, entre outras.
O visitante poderá asistir diariamente a tres desfiles onde observará como grandes e noveis deseñadores aplican o Encaixe de Camariñas nas súas obras, revalorizando as súas coleccións e creando pezas únicas que transmiten glamour.

Ningún comentario:

Publicar un comentario