12 de abr. de 2012

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA 2012 DA BIBLIOTECA NACIONAL DE ESPAÑA


A Biblioteca Nacional de España abre as súas portas aos amigos da fotografía coa posibilidade de participar nun fermoso concurso, o que organizan a propia Biblioteca Nacional de España e a Fundación Germán Sánchez Ruipérez, con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos, que como vostedes saben teñen lugar o 18 de maio de todos os anos.
O tema do concurso, que chega á súa cuarta edición, vén proposto polo ICOM (Consello Internacional de Museos) e que é o leit motiv da celebración de 2012: «Museos nun mundo cambiante. Novos retos, novas inspiracións».
Os traballos poderán presentarse ata o día 30 deste mes de abril e convocaranse dúas categorías: unha para menores de dezaoito anos e outra a partir dos dezaoito anos. Cada concursante pode presentar unha única foto ou unha serie de ata tres fotografías, acompañadas por un título ou un texto breve que resuma o proxecto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario