12 de abr. de 2012

FESTIVAL SINSAL X, 14 E 15 DE ABRIL 2012


Chega Sinsal X inaugurando o CLUB SINSAL, un novo modelo de festival máis participativo, aberto ao público e a outras disciplinas alén da música. Nesta primeira edición do CLUB SINSAL no MARCO de Vigo contará co Espazo Súper8, grupos locais e proxección de Súper8 caseiros cedidos por veciños da cidade, o Espazo Laboratorio, revelado fotográfico e diferentes propostas entre a electrónica e a experimentación sonora, e, por suposto, o Salón Sinsal no auditorio con Phaedra e Montgolfier Brothers.
A estes espazos no MARCO poderase acceder co abono ou con entrada por concerto, pero haberá tamén outras propostas gratuítas, tal é o caso da Escola, música e son explicados para os nenos, o Escritorio, onde atoparemos literatura, conversa e ritmo, e as Performances e o Showroom dos alumnos de Belas Artes e de ESDEMGA. O domingo, como colofón, haberá sesión vermú con Blues Control & Laraaji & Arji.
Atentos aos horarios e prezos e a novas sorpresas. Os próximos días 14 e 15 de abril Sinsal tomará o MARCO para comezar a celebrar os seus 10 anos de música.

Datas
14 abril 2012 - 15 abril 2012
Horario
Sábado de 18.00 a 22.00 e Domingo as 13.00
Lugar
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Ningún comentario:

Publicar un comentario