9 de abr. de 2012

V PREMIO INTERNACIONAL DE ARTES PLÁSTICAS "FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE" 2012


O V Premio Internacional de Artes Plásticas está dirixido a artistas menores de 35 anos (ata o día do fallo do xurado, o día 31 de maio). Cada artista pode presentar un máximo de dúas obras orixinais nas seguintes disciplinas: pintura, escultura, fotografía e novas disciplinas (fóra de formatos audiovisuais), de temática libre. Nesta edición o envío do material será primeiro vía on-line (ver documento de inscrición) e entre as obras enviadas farase unha preselección de propostas. A partir do 20 de abril, a Fundación María José Jove porase en contacto cos artistas seleccionados para solicitar o envío físico das obras orixinais á sede da Fundación para determinar a gañadora. O xurado realizará tamén unha selección de quince obras que serán obxecto dun catálogo e dunha mostra na Fundación María José Jove, a   inauguración desta mostra coincidirá coa data na que se faga público o fallo do xurado: o 31 de maio.

Datas:
Datas para envío obras online: 10 xaneiro- 20 abril 2012
Datas para envío das obras preseleccionadas: 20 abril- 6 maio 2012
Bases premio 2012 pdf.

Ningún comentario:

Publicar un comentario