Desde este blog da Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de
Vigo, queremos facernos eco da tristeza que nos produciu a todos a
desaparición de Luís García-Bobadilla Prósper, alumno de artesanía do coiro e noutro tempo tamén alumno de encadernación artística, os seus compañeiros, os seus mestres e todos os que tivemos o pracer de
tratalo algunha vez, gustaríanos transmitir á súa familia e os seus
amigos o noso máis sentido pesar polo seu falecemento. Quedaranos sempre
no recordo, a súa educación e a súa amabilidade. Ata sempre Luís!
Ningún comentario:
Publicar un comentario