25 de maio de 2012

A MÚSICA VAI CENTRAR AS PRÓXIMAS ACTIVIDADES DE LIBROS PARA SOÑAR


O responsable da Aula de Construcción de Zanfonas da Escola de Artes e Oficios de Vigo, Xaime Rivas, será o invitado especial da sesión de contacontos que se celebrará hoxe venres, a partir das 18:30 horas, en LIBROS PARA SOÑAR. Rivas explicará en que consiste o seu oficio como luthier e fará unha demostración interpretando diversas composicións musicais populares cunha zanfona artesanal da súa propia feitoría.
LUGAR: LIBROS PARA SOÑAR: Triunfo, 1. Vigo | Tlf. 986 43 37 68 |


 
Xaime Rivas, mestre construtor de zanfonas

Ningún comentario:

Publicar un comentario