19 de xuño de 2012

ALGUNHAS XOIAS DA NOSA BIBLIOTECA



Quintana, Francisco de
Experiencia[s] de Am[or] y Fortuna / por el licenciad[o] Francisco de las Cuevas ... -- (En Zaragoça : por Pedro Lanaja, y Lamarca ... : a costa de Iusepe Alfay ..., 1647)
[4], 178 [i.e. 176] h. ; 8º
Marca de ed. en port.
Sign. : [calderón]4, A-Y8
Error de fol., de h. 33 pasa a 36
En verso de port. escudo nobiliario con cartela : "De L. Escveres"
I. Lanaja y Lamarca, Pedro, imp. II. Alfay, José, ed.
(Rexistro no Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico Español)
Trátase da reedición do texto publicado orixinalmente en Madrid en 1626, da obra de Francisco de Quintana, que adoitaba asinar as súas obras co pseudónimo de «Francisco de las Cuevas», obtivo un notable éxito editorial na súa época, a máis diso ser traducida a outras linguas. O autor mantivo unha boa relación con Lope de Vega, a quen escolleu como protector da obra. Na cidade de Zaragoza, publicouse en 1647, aínda que a súa licenza de impresión foi concedida en 1644. Foi a primeira obra custeada polo mercador de libros aragonés José Alfay. Este é o unico exemplar desta edición de 1647 que aparece no Catálogo Colectivo del Patrimonio Bibliográfico Español. Ten un pouco deteriorada a portada o que afecta ao título e as marxes, está encadernado en rústica co papel dun almanaque de 1896.


 ***



COLECCION DE TRAJES DE ESPAÑA, TANTO ANTIGUOS COMO MODERNOS, Que comprehende todos los de sus Dominios : Dividida en dos Volumenes, con ocho quadernos de á doze estampas cada uno Dispuesta y Gravada Por D. Juan de la Cruz Cano y Holmedilla... Tomo Primero... 1777  
1 álbum (66 estampas sobre papel avitelado) aguafuerte y buril
Faltan as estampas nº 65 a nº 70 e a nº 73.

A Colección de traxes de España é a obra máis popular do gravador madrileño Juan da Cruz Cano e Olmedilla e a que máis fama alcanzou en vida do seu autor. En España non existían precedentes deste tipo de estampas que si eran moi comúns en Francia, onde Cruz permaneceu durante oito anos pensionado pola Real Academia de San Fernando. Non se sabe que impulsou ao gravador a emprender un proxecto tan ambicioso, pero, probablemente, o motivo proporcionoullo o interese institucional por difundir unha nova imaxe da poboación española. Cruz Cano proxectou a colección como unha obra por entregas, dividida en dous volumes, con oito cadernos de doce estampas cada un. No primeiro volume recolleríanse os Traxes máis usuais da plebe do reino, e no segundo os máis raros da nobreza de toda a Monarquía, estilados de dous séculos a esta parte. O primeiro caderno saíu á venda en 1777, e o sétimo e último en 1788, aínda que deste só se coñecen dez estampas. Dous anos despois falece o autor e deixa a obra incompleta. 


Juan da Cruz gravou todas as láminas e é autor dalgúns dos debuxos orixinais. O seu sobriño Manuel da Cruz asinou un bo número de debuxos, e Antonio Carniceiro e Luís Paret fan tamén achegas importantes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario