08/10/2014

As Obras de Benito Jerónimo Feijoo na Biblioteca da Emao





Un día como hoxe, 8 de outubro, en 1676, nacía Benito Jerónimo Feijoo e Montenegro, autor decisivo da Ilustración española e primeiro ensaísta moderno. Na nosa biblioteca consérvanse algunhas das súas obras máis coñecidas como "Teatro crítico universal", publicado entre 1726 e 1740, "Cartas eruditas y curiosas", publicadas en cinco volumes entre 1742 e 1760 ou "Justa repulsa de iniquas acusaciones" de 1749.
Da obra Teatro crítico universal, temos a impresa por D. Joachin Ibarra, en Madrid en 1769, das Cartas eruditas y curiosas, a impresa en Madrid por D. Gabriel Ramírez en 1765 e finalmente da Justa repulsa de iniquas acusaciones, temos a impresa por Antonio Pérez de Soto en Madrid en 1749.
Recordarvos que na Cidade da Cultura pódese visitar a exposición "O Ronsel dun Sabio" ata o 26 de outubro, está organizada pola Biblioteca e Arquivo de Galicia con motivo do 250 aniversario do seu pasamento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario