14 de xuño de 2012

"CORAZÓN DA ARTESANÍA" I ENCONTRO DA ARTESANÍA TRADICIONAL E POPULAR DE GALICIA


Nace o I Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, que a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, pon en marcha en Agolada co fin de converterse nun referente no sector artesanal unindo criterios como cultural, artístico, popular, tradicional pero á vez moderno, orixinal e multidisciplinar. En definitiva, un grande acontecemento popular orientado á exhibición, á comercialización e á promoción dos nosos oficios artesanais e da cultura tradicional e popular de Galicia.
Corazón da Artesanía, I Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia. Días 6, 7 e 8 de xullo de 2012, Agolada. De 11:00 a 20:30 horas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario