15 de xuño de 2012

MOSTRA DE LIBROS ANTIGOS NO CONCELLO DE NIGRÁN


O Salón de Actos do Concello de Nigrán inaugurou o pasado día 11 de xuño unha mostra de libros antigos, con máis dunha vintena de exemplares que son, sen ningunha dúbida, auténticos tesouros da literatura. Esta exposición é un fito na programación cultural de Nigrán, desde un facsímil do Códice Calixtino, un dos dous únicos exemplares existentes dunha Cédula Real de Carlos I de 1544, pasando por varias versións de Don Quixote, de Miguel Cervantes, con gravados de Dourei e Vos lusíades, as Cantigas de Santa María, de Afonso X O Sabio, entre moitas outras xoias. 
En definitiva un auténtico luxo que abrirá ao público entre o 11 e o 17 de xuño de 18.00 a 20.00 horas no Salón de Actos do Concello de Nigrán. Unha colección dificilmente mellorable, e unha oportunidade única en Nigrán, que nos permitirá gozar en primeira persoa destes auténticos tesouros, cun incalculable valor histórico e cultural.

Ningún comentario:

Publicar un comentario