01/06/2012

EXPOSICIÓN "ABSTRACCIÓN SINE QUA NON" DOS ALUMNOS DE PINTURA DA EMAO


O alumnado dos distintos niveis da especialidade de Pintura da Escola  Municipal de Artes e Oficios de Vigo, organiza unha mostra colectiva cos  seus traballos pictóricos que, baixo o título "Abstracción Sine qua  non", terá lugar na sala de Exposicións do BBVA entre os días 1 e 21 de  xuño. A exposición está coordinada pola mestra de Pintura da EMAO, Paula Mariño. Unha oportunidade de apreciar os resultados creativos da aprendizaxe na  nosa Escola! 
DATOS EXPOSICIÓN
TÍTULO: Abstracción sine qua non 
LUGAR: Sala de Exposicións do BBVA (avd.  García Barbón, 2 -2º andar) 
DATAS: do 1 ao 21 de xuño 
HORARIO: de 17 a 21 horas de luns a venres

1 comentario:

  1. É MARAVILLOSO PODER VER O QUE SE FAI NA ESPECIALIDADE.
    UNHA EXPOSICIÓN CHEA DE MATICES E PERSONALIDADE QUE ABRE A ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS Á SÚA CIDADE.
    PARABENS POLO TRABALLO. É MAGNIFICO.
    ANÍMOVOS A TOD@S A IR.

    ResponderEliminar