01/06/2012

CLAUSURA DA EXPOSICIÓN DE TOÑO CAMUÑAS NO HALCÓN MILENARIO


        Unha peza de recente creación e a catro mans, durante estes días no Halcón Milenario
Venres, 1 de xuño, clausura da exposición e momentaneamente do espazo. Hai que recargar as pilas durante os meses de verán...
Para a ocasión, vaise contar coa intervención musical do dúo formado por Blanca Pombal ao piano e Oscar Rodríguez ao contrabaixo. A partir das 21:30 ofrecerannos un pequeno concerto de media hora. Ás 23:00 sorteo dous serigrafías de Toño Camuñas ... Todo isto amenizado con cervexa da terra e empanada de chocos. Haberá outros eventos, outras exposicións, pero nada comparado con isto...

Ningún comentario:

Publicar un comentario